Esto es lo que sabemos de Ramón Otero Pedrayo.
Libros de Ramón Otero Pedrayo
Estos son los libros que hay en nuestra base de datos para Ramón Otero Pedrayo
Unha interpretación novelística do ser e o devir histórico de Galicia, na que a narración e a reflexión histórica e cultural camiñan inseparablemente unidas. Esta novela, integrada por materiais moi diversos e non sempre puramente narrativos, ten como protagonistas os rapaces que nacen ao galeguismo da man do Seminario de Estudos Galegos. O di...
Once contos, publicados en dúas etapas moi diferentes da vida do autor, nos que xa están presentes os elementos fundamentais do seu mundo literario.
Compilación de relatos na que atopamos a un Otero Pedrayo claro e sinxelo na narración, amante do ben contar.
O señorito da Reboraina é a derradeira novela escrita por Otero Pedrayo e a única que publicou en galego despois da Guerra Civil. Publicada por vez primeira en 1960, narra a vida do fidalgo don Xoán Manuel Pereira de Castro, un singular personaxe que dá orixe a unha documentada novela de humor e aventuras que parodia o mundo da fidalguía.
Edición de Henrique Monteagudo. Ilustracións de Xohán Ledo A editorial Galaxia segue completando a colección das Obras de Otero Pedrayo con esta publicación de dúas pezas dramáticas, que amosan as teimas do seu creador dentro do eido do teatro. Ofrécese, así, a posibilidade de descubrir unha faceta talvez menos coñecida do grande autor galego...
Como indica Xosé Manuel Salgado no estudo introdutorio que abre este libro, Santiago de Compostela subxugou a Otero Pedrayo, quen se aplicou á tarefa de inventar a Compostela literaria. O resultado desa arela é O espello no serán, unha fermosa homenaxe á cidade pola que Otero se sentiu gozosa e inevitablemente cativado desde o instante mesmo d...
Neste volume recóllese parte do espallado labor de Otero Pedrayo en xornais e revistas, concretamente en Finisterre e Sonata. Sinopse: Este volume é un importante testemuño dos seus dotes como escritor; nel está presente o ensaísta e o autor de ficción, dúas facetas da súa produción literaria nas que Otero destacou especialmente.
Relatos magníficos que toman como unidade temática a oposición entre a vida da aldea e a vida da vila. Estes contos, publicados en 1932, salientan pola capacidade do autor para combinar de maneira maxistral a imaxinación creadora cunha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, poñendo ante o lector todo un espírito, un tempo e unha ...
A prosa sempre viva e potente dun dos nosos escritores de máis talento de toda a historia, a través de nove relatos excepcionais. Estes nove relatos teñen diversos estilos e intencións, que van desde os que poderiamos chamar intelectuais ata os que se poderían inscribir no mellor realismo de Otero Pedrayo. Son estes últimos, de maneira especia...
Unha novela imprescindible para comprender a evolución da narrativa galega do século XX. Publicada en 1930, cando o seu autor tiña 42 anos, pódese considerar a biografía espiritual dos homes da Xeración Nós. O seu protagonista, Adrián Solovio, é un dos personaxes que xa figuran no patrimonio literario galego. A súa historia é a da procura da i...
Identificate si deseas participar. ¿Todavía no tienes cuenta? Regístrate