{lang: 'es'}
O título Da Terra asoballada xorde por vez primeira na obra de Ramón Cabanillas , o noso poeta da raza, como unha das seccións nas que aparece dividido Vento mareiro (1915). Xa en 1926, Da Terra asoballada volve aparecer na cabeceira dun poemario ben diferente daqueloutro de nove anos atrás. Agora Cabanillas escribe versos que conectan decisi...
Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna.Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta ...
Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930) publicou a primeira parte de Os Eidos en 1955, e, dende o primeiro momento, a súa voz converteuse nunha das máis intensas e renovadoras da poesía contemporánea. En 1974 publicou unha segunda entrega, Os Eidos 2, que aquí tamén incluímos e que completa o gran marco paisaxístico. A estética de Novoneyra repr...
A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético. O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular da historia das nosas letras, exemplo vibrante de...
Aprovecha todas las ventajas de ser un usuario registrado, tardarás menos de 30 segundos en hacerlo.
| Usuario | Operaciones |