<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: MEMORIAS DUN RAPOSO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/memorias-dun-raposo]]></link>
<description><![CDATA[Asistimos ó longo das páxinas deste libro á transcrición da asisada conferencia que dictou, xa de vello, Afonso Alfonso, dos Alfonso da Golpilleira, ós seus conxéneres raposos máis novos para explicarlles polo miúdo o modo de ser e de actuar tradicional dunha especie que é evidente que vai pouco a pouco "perdendo as maneiras". Co exemplo da propia vida, Afonso vai debullando en lembranzas a súa docta experencia vital nunha chea de peripecias que, dende a primeira páxina, é quen de engaiolarnos coa viveza dos acontecementos narrados e -atrévome a empregar a imaxe- co saboroso da linguaxe. Estamos ante unha historia de raíz popular que achegará ós lectores adultos moitas reminiscencias e que será capaz de axudar a transmitir ás novas xeracións lectoras a abundancia e riqueza dun acervo que de nigún xeito debemos esquecer, e menos aínda, como non foi inhabitual nalgún momento non tan lonxano, desprezar.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 29 Sep 2026 06:21:31 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
