<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: GUÍA PRÁCTICA DO CAMIÑO FRANCÉS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/guia-practica-do-camino-frances]]></link>
<description><![CDATA[Este libro céntrase na última parte do Camiño Francés, a máis coñecida e transitada das vías xacobeas.O tramo do Bierzo e Galicia é, en opinión de todos, non só o máis variado senón tamén o máis agradable de percorrer. Seguindo as pegadas das guías máis clásicas e utilizadas, Antón Pombo, membro da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago e sete veces peregrino, presenta agora polo miúdo o itinerario berciano e galego, incluíndo tódalas novidades que se produciron desde o Ano Santo de 1993.Guía práctica dirixida ós peregrinos que avanzan cara a Compostela a pé, dacabalo ou en bicicleta, o libro está aberto tamén ós que queiran coñecer algún tramo da rota, así como a aqueles que, dispoñendo de coche, se interesen polos aspectos paisaxísticos e monumentais dun itinerario declarado Patrimonio da Humanidade.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 11 Apr 2026 14:26:10 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
