<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ARREPIOS E OUTROS MEDOS: HISTORIAS GALEGAS DE FANTASMAS E DE TERROR]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/arrepios-e-outros-medos%3A-historias-galegas-de-fantasmas-e-de-terror]]></link>
<description><![CDATA[“<em>Arrepíos e outros medos</em>” recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, <strong>Xosé Miranda</strong> e <strong>Antonio Reigosa</strong>, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar. O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 01 Jun 2026 09:37:40 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
