<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A GUERRA DOS MUNDOS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-guerra-dos-mundos]]></link>
<description><![CDATA[Esta novela presenta o relato da invasión duns marcianos que aterran no sur de Inglaterra e describe as consecuencias desta destructiva invasión. Pero a obra é máis que isto, xa que pode ser lida coma unha crítica, por parte de Wells, da vaidade que caracteriza ó noso mundo tan satisfeito de si mesmo. Para o crítico Bernard Bergonzi, a obra expresaría por un lado un sentimento de culpa ante o imperialismo británico e o cruel colonialismo, á vez que dramatizaría o medo da sociedade inglesa ante o perigo dunha invasión estranxeira. Neste senso, A guerra dos mundos continuaría a liña doutras obras de autores anteriores nas que se describían guerras imaxinarias e futuras invasións, case sempre de franceses ou alemáns. A novela de Wells encarnaría deste xeito un mito moi representativo do sentir da fin de século. Para Rosslyn Haynes, o autor foi un profeta e un grande innovador, non só polas súas prediccións sobre o futuro, senón pola súa forma de pensar sobre el. A súa actitude faino destacar fronte ó determinismo dos novelistas do século xix porque proporciona, agora coma no seu momento, unha nova perspectiva na que asentar a visión dos seres humanos e as relacións persoais e sociais.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 30 Sep 2026 04:44:02 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
