<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: DR. JEKYLL E MR. HYDE]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/dr.-jekyll-e-mr.-hyde]]></link>
<description><![CDATA[É esta unha das máis precisas e preciosas novelas de terror que se teñen publicado. Apareceu por primeira vez o ano 1886, e relátano-los experimentos do Dr. Jekyll, home preocupado desde a mocidade pola dualidad e que a alma de cada ser humano contén, abalando sempre entre os principios do ben e o mal, e que el consegue "separar" en si mesmo por medio dunha pócima, dándolle así vía libre á súa parte maligna, presente nel, mais agachada, na segunda personalidade que pala beberaxe adquire, personalidade que de continuo ameaza con apoderárselle da vida toda. A meticulosidade do estilo de Stevenson acada nesta narración instantes de extraordinario poder de suxestión e dramatismo, creando algunhas das escenas máis terroríficas da literatura inglesa.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 28 Sep 2026 05:47:45 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
