<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O SEÑOR DAS MOSCAS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-senor-das-moscas]]></link>
<description><![CDATA[A novela conta a historia dun fato de rapaces que, logo de sobreviviren a un accidente aéreo, teñen que organiza-la súa vida nunha illa deserta sen a presencia dos adultos. Os rapaces da illa de Señor das moscas son, de certo, personaxes dunha parábola ou dunha fábula que, coma tódalas grandes parábolas, lle revela ó lector unha conexión íntima e desacougante entre o aspecto inocente, de literatura de entretemento, que ten a súa superficie, e os fondos abismos do seu interior. Segundo William Golding “A moral da novela é que a estructura dunha sociedade debe depender da natureza ética do individuo, e non dun sistema político, aínda que sexa aparentemente lóxico e digno de respecto. O libro”, afirma o autor, “ten, en conxunto, unha natureza simbólica”. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 03 Jun 2026 00:24:11 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
