<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O PORTAL DOS ELFOS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-portal-dos-elfos]]></link>
<description><![CDATA[Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está a piques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes, os terribles elfos da noite e os demos do príncipe Beleth, están dispostos a matar para facerse co control do reino. Diante da ameaza, Pyrgus vese obrigado a fuxir ao mundo dos humanos para salvar a vida. Mais os seus malvados inimigos sabotean o portal máxico que debía trasladalo e non aparece onde estaba previsto senón no xardín do señor Fogarty, un vello excéntrico e tronado. Cando os dous mundos se atopan, o universo enteiro se transformará. Coa axuda da súa irmá, a princesa Holly Blue, e do seu xove amigo humano, Henry, Pyrgus deberá volver a casa para liberar o seu reino das forzas do mal. Será quen de conseguilo?<br />O portal dos elfos de Herbie Brennan é unha trepidante novela que propón vivir unha aventura excitante, chea de acción, maxia, intriga, ciencia e fantasía que o lector non quere que remate nunca. Elixido nos Estados Unidos en 2004 como o "mellor libro para xoves" e xa traducido a vinte linguas, O portal dos elfos é a primeira parte dunha triloxía, á que segue The purple emperor, que publicará Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Fóra de Xogo.<br />O irlandés Herbie Brennan vendeu cincuenta millóns de exemplares dos seus libros en cincuenta países. Estudou periodismo e traballou como editor nun xornal, mais dende mozo se interesou pola psicoloxía e polas liñas de investigación non ortodoxas. Vencellado, tamén, ao mundo da física e da tecnoloxía, é membro da Sociedade Investigadora de Física de Londres. Ademais da literatura, dedícase a deseñar xogos de mesa e programas informáticos.<br />]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 09 Nov 2026 15:32:12 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
