<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: MANS SALGADAS-SALTY HANDS-MANOS DESAL]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/mans-salgadas-salty-hands-manos-desal]]></link>
<description><![CDATA[Mans salgadas é un libro excepcional, un libro de fotografías sobre o mar e sobre a pesca realizadas polo fotógrafo Javier Teniente, un libro que supón unha auténtica radiografía creativa da identidade mariñeira de Galicia. De babor a estribor, de barlovento a sotavento, de popa a proa, o país está cruzado polo mar. Este monumental documento, esta vivísima obra de arte que é o libro de Javier Teniente penetra ese corazón mariño de Galicia e das súas xentes do mar. As de Javier Teniente son fotos cargadas de humanidade, de vida, de intensidade. O seu mar é un mar profundamente humano, doloroso e dolorido. Dos estaleiros á ardora da sardiña, do Gran Sol á costeira do bonito, dos estibadores aos percebeiros, do marisqueo á lonxa, Mans salgadas percorre todo o ciclo do mar, arrastrándonos ás súas entrañas cun certeiro golpe de vista, cun oportuno golpe de mar.&#160;<br /> Mans salgadas leva un prólogo do escritor Fran Alonso, en versión triling&#252;e (galego-inglés-castelán) onde fai un percorrido literario polo mar a través da súa memoria persoal e familiar, o mar &#171;desa Galicia que cheira a sal, ten ollos de mascato e mans de peixeira&#187;, ese mar que é &#171;o mellor contador de contos que ninguén teña oído nunca&#187;, un mar que hoxe está a estragar esta desgraciada e salvaxe marea negra que deterioria gravemente as costas galegas e o seu sector pesqueiro.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 05:35:43 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
