<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONTOS POR PALABRAS (EBOOK)]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/contos-por-palabras-%28ebook%29]]></link>
<description><![CDATA[Resumen del eBookPremio Lazarillo, 1990 - Lista de Honra do IBBY,1992 - Premio lecturas Galix, 2003 - Elixido un dos dez títulos imprescindibles da LIX Española do Século XX, 2010. Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais."Unha chave non é suficiente"é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que"se duplica calquera chave, con ou sen mostra"."O caso do unicornio azul"conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada."Vanesa e o anuncio da televisión"conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión."Un artista de neón": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato"O caso do estraño empregado"Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en"Ser superheroe non é doado"e"Noites de lúa chea"."O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 23 Nov 2026 16:04:43 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
