<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: HOME INVISIBLE, O]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/home-invisible%2C-o]]></link>
<description><![CDATA[O descoñecido chegou a pé desde a estación do tren de Bramblehurst un día glacial de primeiros de febreiro. Sopraba un vento cortante e caía unha forte nevada, a derradeira do ano. Ía embozado da cabeza ós pés e levaba un pequeno maletín negro nas mans enluvadas. A aba dun brando sombreiro de feltro ocultáballe a cara por completo, non deixando á vista máis cá brillante punta do nariz, ó tempo que a neve se lle amontoaba nos ombros e máis no peito formando unha especie de coroa branca. Entrou cambaleando na pousada do Coach and Horses máis morto ca vivo, e deixou cae lo maletín.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 30 Sep 2026 05:28:30 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
