<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/onde-o-mundo-se-chama-celanova]]></link>
<description><![CDATA[Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979) é, sen dúbida, un dos autores máis emblemáticos da literatura galega contemporánea. A autenticidade da súa voz; a forza comunicativa, a tensión emocional, ao longo de toda a súa obra, permanecen constantes en nós. E é que Celso Emilio, nos seus versos, participa, sen reservas, dun apaixonado afán por atopar a lúz e mais a esperanza nun entorno confuso, escurecido polo odio e mais a opresión. Onde o mundo se chama Celanova (1975) constitúe unha verdadeira proclamación: a proclamación do compromiso máis auténtico do poeta con aquilo que lle é tan amado: a terra, a infancia, as paisaxes, os ceos, as xentes da súa terra natal. A presencia da súa muller, Moraima, con quen Celso Emilio establece un apaixonado diálogo, é outra das claves fundamentais do texto. Claves que indaga o poeta Xosé Mª Álvarez Cáccamo, unha das voces novas que máis teñen que dicir no panorama actual da nosa lírica.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 28 Sep 2026 06:26:12 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
