<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A CAZA DO CARBAIRAN]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-caza-do-carbairan]]></link>
<description><![CDATA[Lewis Carroll (1832-1898) é un autor ben coñecido por tódolas nenas e nenos e adultos do mundo. El creou libros tan universais como Alicia no país das marabillas ou Alicia do outro lado do espello. Por iso Xerais traduce agora para o galego outra das obras universais de Lewis Carrol: A caza do carbairán, un libro sorprendente, escrito en verso, que é unha especie de poema épico do absurdo que se publicou en 1876. De lectura densa, Carrol vai tecendo nesta obra un mundo no que o carbairán é un animal imaxinario emparentado cos biosbardos e os gamusinos. O único que o lector sabe do animal é que ten sabor crocante a fogos fatuos, que é un lacazán, que a penas ten sentido do humor, que é desmedidamente ambicioso, e que lle encantan os casetos do baño. Con estes datos, carrol vai escribindo en verso unha obra fantástica e divertida que empezou a escribir �segundo el mesmo confesa no prólogo� polo derradeiro verso.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 24 Jun 2026 12:33:36 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
