<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/pan000]]></link>
<description><![CDATA[Sotelo Blanco Edicións publica, coa colaboración da Fundación Manuel María da Terra Cha, PAN. CATRO PROPOSTAS ARREDOR DA MALLA, texto teatral de Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade e X.H. Rivadulla Corcón con creación e adaptación musical de Mini e Mero (o libro contén o CD da banda sonora do espectáculo).
Pan. Catro propostas arredor da malla. O pan xa non se amasa na artesa, senón en factorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado na eira, senón de fariñas industriais.
Estes cambios supoñen a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada.
A desparición do labor da malla simboliza eses cambios e inspira as catro historias que conforman Pan.
Do mesmo xeito que as mallas xuntaban a toda a aldea, Pan é o resultado dun longo e complexo proceso de creación colectiva no que se implicou todo o equipo de Volta e Dálle Teatro.
Catro autores con diferentes concepcións teatrais realizan as súas particulares interpretacións de cada paso que percorría o pan dende a leira á mesa.
]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 18 Oct 2026 16:49:09 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>