<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: XENTE AO LONXE]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/xente-ao-lonxe0]]></link>
<description><![CDATA[<em>Xente ao lonxe</em> é unha das grandes novelas corais da literatura galega. Un espectacular mosaico de voces e de historias na cidade mítica de Auria. <br />Unha novela na que o autor recrea situacións que reflicten os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX. A aparición desta novela (1972), ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo. <br />Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas e relatadas con eficaz técnica expresionista. Blanco Amor realizou nesta novela un ambicioso experimento literario no que se combinan 170 personaxes cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panóramica social ao primeiro plano individual. <br />Alegato en favor dos desherdados, Xente ao lonxe é unha novela total na que se reconstrúe un universo e un tempo. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 28 Sep 2026 13:17:42 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
