<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONTOS DO CAMIÑO E DA RUA (2ª ED.)]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/contos-do-camino-e-da-rua-%282-ed.%29]]></link>
<description><![CDATA[Relatos magníficos que toman como unidade temática a oposición entre a vida da aldea e a vida da vila. <br /><br />Estes contos, publicados en 1932, salientan pola capacidade do autor para combinar de maneira maxistral a imaxinación creadora cunha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, poñendo ante o lector todo un espírito, un tempo e unha forma de vivir xa esvaecida. O libro inclúe O fidalgo, unha das mellores mostras da narrativa breve galega e quizais o conto máis fermoso do autor. Marcado pola acción e o movemento, este conto é un exemplo da celeridade que pode acadar o discurso narrativo. Nel, como no resto do libro, Otero traza personaxes con penetración, evocando os ambientes dun xeito vívido, ao tempo que amosa un aire europeo e moderno que lle dá extraordinario poder de suxestión á súa narrativa. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 29 Sep 2026 07:54:35 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
