<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: GRIAL CADERNOS (NADAL 2006)]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/grial-cadernos-%28nadal-2006%29]]></link>
<description><![CDATA[<em>O Caderno GRIAL</em> correspondente a <strong>Nadal 2006</strong> está dedicado a un dos grandes artistas do libro: Ricardo García Suárez (Xohán Ledo), a quen Galaxia dedica unha atención especial neste número extraordinario. Unha viaxe pola biografía e a obra dun dos máis significativos creadores da edición galega. <br />Xohán Ledo asumiu a imaxe gráfica da Editorial Galaxia dende 1950 ata ben andada a década dos 80. As súas cubertas, o deseño interior dos libros, as ilustracións das coleccións de Galaxia adquiren nese período unha significación especial. Xunto con Luís Seoane no exilio, Xohán Ledo é o gran innovador da imaxe gráfica do libro en lingua galega. <br /><em>O Caderno GRIAL</em> está dedicado á personalidade e á obra deste artista gráfico, médico de profesión, que dende o primeiro momento formou parte do equipo de dirección e xestión da editora. Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, os seus compañeiros de edición nesta época, abren o número con sendas lembranzas. Gustavo Garrido percorre a biografía do autor, cunha mostra de documentos gráficos procedentes do album familiar (familia García Alonso). Víctor F. Freixanes propón un repaso representativo das "caras do libro" dende a Idade Media ata os nosos días, e Xosé Díaz, Manuel Janeiro e Uqui Permui colaboran con ensaios sobre a obra de Xohán Ledo e as características da edición gráfica do libro. Fausto Isorna inclúe unha fermosa homenaxe gráfica. Trátase de presentar aos lectores de GRIAL a personalidade dun dos grandes creadores do libro galego moderno, pouco coñecido do gran público, en parte pola súa discreción e a súa humildade. Da súa autoría é o oleo onde aparecen os compoñentes do primeiro equipo de xestión da editora: Rufo Pérez, Emilio &Aacu]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 02:05:15 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
