<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/tristano-morre]]></link>
<description><![CDATA[Última novela de Tabucchi que relata a aventura dunha época a través da voz dun personaxe agoniante. A experiencia humana do século XX en clave narrativa coa mesma mestría e sedución que en obras anteriores.
Nalgures, nunha casa da Toscana italiana, o último agasto do século XX, ao longo dunha agonía que durará un mes enteiro, un home que combateu pola libertade do seu país conta a súa vida coa lucidez da febre e as alucinacións provocadas pola morfina. Tristano, nome tomado dun personaxe do poeta Leopardi, fai vir á cabeceira do seu leito un escritor para recoller o testemuño dunha vida que reflicte o século que está a piques de rematar.
A pregunta que percorre a novela toda, e que Tabucchi se fai sen querer responder definitivamente, é a de se unha narración pode abranguer a xeometría ambigua dunha vida: as súas contradicións, as dúbidas, as omisións, os desexos incumpridos, as presuntas lembranzas ou os autoenganos. O destino persoal dun heroe como Tristano, cargado simultaneamente de esperanza e desespero, de xenerosidade e amargura, achega ao lector ou lectora un fresco de sesenta anos de historia de Italia e de Europa, coas súas traxedias e falsos pasos adiante, ata a irrupción do derradeiro episodio de tiranía: a farsa televisiva.
]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 30 Apr 2026 12:26:43 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>