<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/artigos-en-la-nacion%3A-1929-1936]]></link>
<description><![CDATA[A cultura, a política, as viaxes por distintos lugares do país galego artellan un volume indispensable para coñecer o Blanco Amor xornalista.
Galaxia recupera na súa colección Memoria unha parte moi importante do labor xornalístico de Blanco Amor. Artigos en "La Nación" inclúe unha escolma das crónicas publicadas polo autor d´A Esmorga entre 1929 e 1936 no diario arxentino La Nación, un testemuño privilexiado da Galicia daquel tempo.
O Diario La Nación era unha das cabeceiras máis prestixiosas da República Arxentina naquela época. Nel Blanco Amor publicou unha serie de crónicas arredor de temas políticos e culturais, amais das que dedicou ás súas viaxes por Galicia, entre elas a reportaxe sobre a súa famosa travesía a bordo do pesqueiro Norita, que logo tamén daría pé ao seu Poema en catro tempos.
A prosa literaria de Blanco Amor adáptase perfectamente ao formato xornalístico sen perder riqueza nin orixinalidade, conservando tamén a "tensión do oficio" propia dos medios de comunicación.
]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 02:05:17 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>