<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ANUARIO GRIAL DE ESTUDOS LITERARIOS GALEGOS 2003]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/anuario-grial-de-estudos-literarios-galegos-2003]]></link>
<description><![CDATA[Unha nova andaina para o anuario de estudos literarios galegos. Un equipo aberto a futuras incorporacións de estudosos da nosa literatura que asuman os desafíos desta nova etapa. O obxectivo é dispor dun ábano máis amplo de especialistas que o asesoren, unha sorte de rede cómplice que actúe como nexo entre a revista e a sociedade ciéntifica internacional. <br /><em>O Anuario de Estudos Literarios Galegos</em> inicia unha nova etapa, enmarcado no proxecto xeral da revista GRIAL, que se configura desta maneira coma un amplo espazo de produccións periódicas: Revista Galega de Cultura, Cadernos GRIAL e Anuarios. <br />Reforzamos un proxecto que naceu hai dez anos da man do profesor Xan González-Millán, na Universidade de Nova York, coa idea de servir de plataforma para a difusión de traballos de investigación literaria galega no mundo, e que ao longo deste tempo logrou convertirse nunha referencia obrigada para os estudos deste tipo. Co apoio da Fundación Caixa Galicia, que desde o primeiro día entendeu a ambición do proxecto, ao igual que fai co Grial e cos Cadernos Grial, o Anuario de Estudos Literarios Galegos (agora Anuario GRIAL de Estudos Literarios Galegos) chega a todos os centros universitarios onde a lingua e os estudos da literatura galega teñen presenza, dentro e fóra do noso país. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 02:05:18 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
