<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ATLAS XEOGRAFICO CUMIO DE GALICIA E DO MUNDO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/atlas-xeografico-cumio-de-galicia-e-do-mundo]]></link>
<description><![CDATA[Edicións do Cumio presenta a segunda edición do Atlas Xeográfico, ADAPTADO Á NOVA NORMATIVA 2003. Unha edición revisada e mellorada ao respecto da anterior publicación desta editorial, o Atlas de Galicia e do Mundo de 1996. <br />A singularidade de Galicia como territorio con personalidade propia, obríganos a facer unha lectura do mundo visto dende nós, partindo do círculo concéntrico máis inmediato e evoluíndo ata o máis distante, en concordancia co que sinalan os currículos vixentes no ensino obrigatorio. Dada a nosa posición xeográfica na Península Ibérica, optamos por tratar este espao físico como tal, sen facer que España ou Portugal tiveran entre elas maior ou menor relevancia e dando a información deste territorio completa, sen os tradicionais aillamentos que prescindían do próximo, presentando o seu tratamento cartográfico no capítulo de Europa. <br />Completamos a cartografía con gráficas, mapas temáticos, diagramas e unha novidosa presentación da información relativa ao universo e ao mundo, procurando un deseño atractivo e claridade na exposición dos contidos. Do mesmo xeito e pola súa condición de Atlas galego puxemos especial coidado no tratamento da toponimia: os nomes dos lugares do mundo teñen nesta obra un marcado carácter de respecto coa súa propia lingua, sendo introducida a versión en galego, unicamente, cando a tradición deitou un uso frecuente no noso idioma. <br /><br />]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 02:34:24 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
