<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A SAUDE E OUTROS POEMAS. O DESACOUGO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-saude-e-outros-poemas.-o-desacougo]]></link>
<description><![CDATA[Pura Vázquez (1918) é unha senlleira representante da primeira xeración de escritoras da posguerra. Desde íntimas (1952), a súa primeira obra lírica en galego, salientou como unha das voces poéticas máis cargadas de emoción e riqueza. Autora prolífica, escribe teatro para nenos, novela e unha extensa obra poética. Na primeira etapa da súa producción lírica, que vai dende 1952 a 1975, sobresaen obras como Maturidade (1955), A Saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971) e Ouriolos neneiros (1974). Nestas obras fórxanse os trazos fundamentais, tanto temáticos como estilísticos, do seu quefacer poético. A Saudade e outros poemas e O desacougo son altamente representativas da súa poesía: intimismo ensarillado en imaxes da natureza, unha elevada sentimentalidade en que a solidariedade da emigración se enlea na señardade do mundo rural; unha lírica emotiva que arroupa unha esencial reflexión sobre o tempo e unha sentida saudade que emboca en desacougo existencial.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 04:23:52 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
