<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O FACIL QUE E MATAR]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-facil-que-e-matar]]></link>
<description><![CDATA[Cando o avión no que Blas Carou retornaba a Galicia deixou os seus motores ó ralentí, minutos antes de aterrar en maiquetía, soubo que a vida que o esperaba debía ser considerada en tódolos seus extremos coma un novo descenso ó fondo de si mesmo, ó corazón do lume, esa ardente melancolía que inza sempre a rentes da soidade. A aquela hora, a cinco mil millas, en Compostela, Celia Pereira, a súa dona sentíase unha muller abandonada pero feliz, deambulaba deslumbrante polo vestíbulo do Hotel Peregrina, ateigado de xente engalanada que asistía ó acto de inauguración do cuestionado complexo hoteleiro. Poucos minutos despois, o presidente da Xunta, o alcalde da cidade, o delegado do Goberno central, e varios conselleiros do Goberno galego serían sorprendidos por unha ameaza de bomba realizada polos membros do garga (Grupo Armado Revolucionario Galego). O fácil que é matar continúa a travesía da emigración, dos ires e vires que Blas Carou e Celia Pereira iniciaran en Sempre me matan. Proponnos unha mirada aceda e descarnada sobre o exercicio do poder e a actividade política e empresarial na sociedade galega contemporánea, as súas sutilezas, miserias, vaidades e paradoxos.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 28 Sep 2026 06:34:50 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
