<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: NO VENTRE DO SILENCIO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/no-ventre-do-silencio]]></link>
<description><![CDATA[No ventre do silencio, ambientada na Compostela dos anos cincuenta, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular �leiteiras, costureiras, criados, prostitutas� ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J. P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No Ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral para pechar o século.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 03 Jul 2026 17:49:08 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
