<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O COELLO FEDERICO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-coello-federico]]></link>
<description><![CDATA[A renovada colección «Merlín» ofrece unha nova serie para os primeiros lectores: «Merliño». Libros de grande formato, ilustrados a catro cores, historias significativas, textos sinxelos, secuencias breves nuns libros concibidos para ser lidos directamente por novos lectores ou por persoas adultas a nenos máis pequenos. O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha lebre e máis dun reiseñor. Tiña o labio partido e na boca un xeitiño divertido. Saltaba perseguindo as bolboretas e non podía manter as patas quietas. Farto de comer leitugas e cenoiras, atopou un día, fuxindo de raposas e rapinas, un campo cheo de morodos, dos que comeu tantos ata enfermar de indixestión. Mentres cura, os seus curmáns cómenlle tódolos froitos. Pero Federico prepara un plan para deixalos burlados, e dende entón nunca máis volveran facerllo. O coello Federico é un conto de tradición oral popular, reescrito por Xosé Miranda e ilustrado por Roberto Yepes. Como título da nova colección «Merliño» está concibido para ser utilizado directamente por primeiros lectores ou tamén, para ser lido por pais ou profesores a nenos máis pequenos.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 27 Jun 2026 23:42:49 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
