<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: PHICCIONS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/phiccions]]></link>
<description><![CDATA[No presente volume Phiccións reúnense dezaseis relatos de seis xornalistas vigueses, unidos todos eles polo fío borgiano da rememoración breve de libros imaxinarios e de historias estravagantes. Francisco J. Gil descubre a existencia do doutor Arcadio Carneiro, coleccionista de historias documentadas con bibliografía que aínda se conserva na súa espléndida biblioteca. Carneiro recibe na súa consulta viguesa a Sherlock Holes, a quen recomenda, como tratamento ós seus males do espírito e do corpo, unha estadía no balneario do Incio. Carneiro tamén atopará o manuscrito orixinal en galego dalgunhas das obras de Edgar Allan Poe e demostra que Xulio Verne e o Capitán Nemo se atoparon na illa de Ons. As pesquisas do doutor Carneiro, continuada por unha xínea de netos e bisnetos historiadores, levaranno a desvelar que Ismael Ferreira dos Passos, arpoador de ascendencia portuguesa, é o verdadeiro autor do relato que fusilará Melville no seu Moby Dick, ou o, aínda máis sorprendente feito da orixe galega de Sir Lancelot que regresa a Cedeira, a aquela arnela de San Simón en forma de lago. Manuel Blanco Rivas presenta a Virxilio da Casa Grande, descendente de familia fidalga da que herdou a paixón polas artes ocultas, quen atopa ó mesmo demo, unha figura arrepiante con cabeza e patas de castrón. 
Xosé Anxo Otero Ricart rememora con pavera ironía aquela grande marea do século de 1963 e esculca nas fontes do manucristo do redondelán Sánchez Ulloa, que desvela a relación do seu señor Conde Gondomar con Miguel de Cervantes. Salvador Rodríguez testemuña a estadía, en plena guerra civil, de Hércules Poirot en Galicia, quen pescudou as aparicións da Santa Compaña en Cabo Udra; investiga os milleiros de casos de corpos abertos, nos que se instalan os espíritos dos mortos que vagan por aí adiante; indaga na orixe galega de Indalecio Cabaleiro Reboiras, o padriño, un dos máis importantes homes do Chicago de medio século; confirma o paso de John Silver polas Sisargas e as Cíes, como demostran os pergamiños conservados no Museo de Castrelos; e afonda na polémica da orixe da filla de Sherlock Holmes. Eduardo Rolland relata con humor e retranca a marcha dos robots vigueses cara a aldea. Por último, Xosé Ánxel Xesteira presenta, en clave hammetiana, os avatares do Detective vigués que b]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 04:23:51 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
