<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: MANUAL DE CIENCIAS DA LINGUAXE]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/manual-de-ciencias-da-linguaxe]]></link>
<description><![CDATA[Este Manual de Ciencias da Linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo sobre a linguaxe. A diversidade temática tratada polos respectivos especialistas ó longo de quice capítulos (desde a orixe da linguaxe na especie humana ou a zoosemiótica ata a fonética e fonoloxía, pasando pola psicolingüística ou a antropoloxía lingüística) favorece unha visión plural dos fenómenos lingüísticos, de tal xeito que este libro pode ser do interese do conxunto dos profesionais da linguaxe, sexa cal sexa o seu labor concreto, pero constitúese, sobre todo, como un excelente material de traballo para alumnos e profesores das universidades galegas. Manual de Ciencias da Linguaxe inclúe unha serie complexa de materiais, con vistas a facilitar a súa explotación didáctica: cada un dos quince capítulos posúe unha batería de exercicios prácticos, un listado de lecturas comentadas e mais unha bibliografía especializada. Inclúese tamén unha ampla bibliografía introductoria nas páxinas iniciais: manuais de lingüística xeral, diccionarios, enciclopedias, selección de revistas, etc. Na parte final do libro, o lector atopará un extenso glosario, índices analíticos, de autores e de linguas. Os autores pretenden que este volume estimule a reflexión e o debate entre tódolos estudiosos da lingua e a lingüística galegas e contribúa a un aínda maior desenvolvemento dunha disciplina que asiste a unha particular expansión nos últimos tempos. Porque o seu enriquecemento e a ampliación das súas miras han redundar tamén na expansión e dinamización da propia lingua galega.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 04:23:52 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
