<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: NASCE UN ARBORE; MEMORIAS DE TAINS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/nasce-un-arbore%3B-memorias-de-tains]]></link>
<description><![CDATA[Nasce un árbore e Memorias de Tains de Gonzalo Rodríguez Mourullo son dous documentos literarios de excepcional interese e relevancia para as nosas letras. A presente edición rescata senllas obras alén de ofrecer unha rigorosa análise introductoria a cargo de Teresa Bermúdez, elaborada en base a un continuo diálogo con persoeiros da nosa cultura e unha exhaustiva confrontación con outros documentos. Nela desvélanse perfís inéditos do autor.Catro décadas despois da publicación destes dous libros esta é unha boa ocasión para achegarse á figura de Mourullo a través da súa curta producción literaria, considerada como pioneira e punto de inflexión na evolución da literatura galega contemporánea pola súa calidade, pola mestría narrativa que exhibe e pola introducción de novas técnicas e temáticas ata daquela absolutamente inéditas na nosa tradición.Mª Teresa Bermúdez Montes (Londres, 1969), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, é especialista na obra de Gonzalo Rodríguez Mourullo e autora de traballos sobre a narrativa galega contemporánea, centrados na Nova Narrativa e na escrita de concienciación feminina.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 30 Sep 2026 04:14:11 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
