<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: SANTOS E DEFUNTOS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/santos-e-defuntos]]></link>
<description><![CDATA[Gonzalo Navaza escribe este conto a partir dunha proposta de que fixera un relato que incluíse a frase �o mar o lonxe seguía a bater con forza�. A partir dese fío, Navaza ofrécenos unha historia de emigrantes, chea de intrigas, humor e múltiples paradoxos e imprevistos, na procura da súa identidade. Un galego de cerca de serenta e cinco anos, que deixara Galicia había máis de cincuenta, procura a súa familia nun deses programas televisivos que promoven lacrimosos reencontros de parentes tras moitos anos de separación. En Santos e defuntos mestúranse neste maxistral conto cheo de humor, onde o xogo da impostura non é máis ca unha manifestación da ironía intensa da vida. O libro está ilustrado explendidamente polo artista Ramón Trigo.<br>Gonzalo Navaza (Lalín, 1957), alén da súa vertente profesional filolóxica, relacionada sobre todo coa historia da literatura galega e coa onomástica, é coñecido como poeta, narrador e traductor. Como poeta publicou ata o de agora tres libros de versos: Fábrica íntima (1991), A torre da derrotA (Xerais, 1992) e Libra (2000, premio Martín Codax), o segundo dles escrito en versos palindrómicos. O libro de relatos Erros e Tánatos (Xerais, 1996) gañou para a prosa de Gonzalo Navaza moitos entusiastas lectores. Posteriormente publicou Elucidario (Xerais, 1999) e Santos e defuntos (Xerais, 2002).]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 04:23:45 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
