<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A HOMOSEXUALIDADE A DEBATE]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-homosexualidade-a-debate]]></link>
<description><![CDATA[Cinco ensaios que reflexionan, desde o pensamento feminista e homosexual,desde os colectivos de lesbinas e gais da Galicia, sobre as cuestións claves da homosexualidade hoxe e agora."Hai que saír do armario", é unha das frases máis manexadas nos últimos anos por gais e lesbianas. Pero ¿Cal é o debate sobre a homosexualidade hoxe? ¿Onde se sitúa e en que termos se establece? ¿Cales adoitan ser as actitudes máis prexuízosas dos heterosexuais fronte aos homosexuais? ¿Por qué segue a haber quen se opón á homosexualidade? ¿Por qué existe a homofóbia e os homófobos que exercen a violencia contra os homosexuais? ¿Cales son as diferencias de criterio entre as feministas lesbianas dos anos 60 e 70 e as lesbianas dos 80 e 90? ¿Que din determinadas correntes do feminismo lesbiano acerca da heterosexualidade? ¿Quen defende a unidade gai e lesbiana? ¿Cal é a relación entre a homosexualidade e a doutrina católica? ¿Como se comportou historicamente a igrexa ante a homo-sexualidade dentro e fóra da institución? ¿Que é o orgullo gai? ¿Por qué están están obrigados os homosexuais a buscar espacios discretos onde relacionarse sen ser descubertos? ¿Responden as lesbanas e os gais a un arquetipo físico e psicolóxico caracterizable?<br />Conscientes da necesidade de que se fale e se debata sobre todos estas cuestións, Xerais presenta este libro, A homosexualidade, a debate, como unha contribución que sirva para dar a coñecer que é o que se opina desde o pensamento feminista e homosexual e desde os colectivos de lesbianas e gais na Galicia actual. Conscientes tamén de que os homosexuais non poden seguir convivindo coa traxedia de ver restrinxidos os seus movementos a &#171;dentro do armario&#187;, convidamos a cinco persoas para que, desde o debate, achegasen a súa opinión a través dos cinco interesantes artigos que se publican nestas páxinas.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 05:01:40 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
