<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O REGRESO DO REI (O SEÑOR DOS ANEIS VOL. III)]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-regreso-do-rei-%28o-senor-dos-aneis-vol.-iii%29]]></link>
<description><![CDATA[&#171;O Señor dos Aneis&#187;, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. A través do universo descrito nesta triloxía, debedora da mitoloxía<br />escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. Xerais, coa publicación de &#171;O regreso do Rei&#187;, completa a edición da triloxía, traducida para o galego por Moisés Rodríguez Barcia.O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. En O Regreso do Rei Frodo e Sam, na súa penosa viaxe á Terra Escura, reciben a axuda inesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. A traizoeira criatura intenta acabar con eles para apoderarse do Anel, sen conseguilo, anque Frodo acaba en mans dos orcos, ferido. Só a cobiza deses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe, tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de Mordor cara a Orodruin, a montaña de lume na que se forxou o Anel e onde debe ser destruído. Paralelamente, no antigo reino de Gondor, rexido por mordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai séculos, Aragorn demostra que pode curar coas súas mans. Este prodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono de Gondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó Señor Escuro.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 28 Sep 2026 14:46:16 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
