<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/teoria-de-galicia-%3A-obra-xornalistica-en-vida-gallega%2C-1926-1963]]></link>
<description><![CDATA[Don Ramón Otero Pedrayo foi o primeiro columnista de prensa en escribir habitualmente en galego. En Teoría de Galicia aparecen editados, por vez primeira en libro, os 72 escritos que o Patriarca das Letras Galegas publicou, entre 1926 e 1963, na revista Vida Gallega.
Neste coidado volume -de catrocentas páxinas- danse a man prosas líricas e crónicas da época, ensaios e relatos de ficción. A visión conxunta de todos estes escritos enxerga toda unha teoría de Galicia.
Á parte dos textos recóllense nesta edición varios manuscritos inéditos do autor e fotografías dunha vida consagrada á cultura e a defensa do país.
O profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel asina o estudo introdutorio “Otero Pedrayo no xornalismo galego”.
]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 29 Sep 2026 02:24:06 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>