<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/sal-e-azucre]]></link>
<description><![CDATA[
Nunha casiña de sal, ao pé da montaña, vivían unha velliña, toda toda de sal, e un velliño, todo todo de azucre. Uns días queríanse moito e outros non paraban de discutir…
Coa metáfora do sal e do azucre de fondo, constrúese esta historia que recrea de xeito simbólico sentimentos e experiencias difíciles de captar: as diferenzas de carácter, as dificultades na relación de parella, a dor da separación, a comprensión, a necesidade de afecto…
A fotografía e a escultura combínanse nunha excelente posta en escena, para compor unha atmosfera verdadeiramente orixinal, na que os protagonistas xogan coas palabras e os tons. O resultado, un conto doce-salgado, de sabor mediterráneo.
Pero se as imaxes culturais de vellos e vellas a miúdo aparecen estereotipadas, Iván Prieto foxe do clixé e moldea un novo imaxinario, con base nas múltiplas caras da realidade. Preséntanos ademais, un deseño e tratamento minimalista con figuras tridimensionais. A súa é unha proposta de vangarda para unha fermosa historia, que está máis alá do tempo e das fronteiras.
Ilustracións e texto de Iván Prieto, a partir dun conto popular grego
]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 01 Jul 2026 20:44:13 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>