<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/llibre-per-contar-i-comptar]]></link>
<description><![CDATA[
Hai moitas formas de contar. Pódense contar as nubes deitado na herba, pódense contar as formigas que saen do formigueiro sentado xunto a un amigo, pódense contar as papoulas do campo mentres paseas… ou pódese contar un conto ao tempo que se contan os personaxes que o van facendo… Pero, ao chegar ao número doce, sae a lúa, todos temos que ir durmir, e empeza a conta atrás!
Este álbum propón un divertido xogo de contas e contos. E contando por contar, contamos números e unha historia. Será entón, un conto dobremente contado? E se ademais contamos sílabas para facer versos, xa son tres as contas, e se contamos o que din as ilustracións é… o conto de nunca acabar, ou mellor, o conto e a conta de nunca acabar.
Unha historia creada por Pep Bruno e pensada para ser lida e narrada en voz alta, que se vai construíndo conforme entran e saen os personaxes, unha historia de suma e de resta cunha ducia de personaxes, unha aventura de ida e volta. O álbum preséntanos unha historia con múltiples posibilidades e máis dunha lectura. E se a todo isto sumamos (e dálle coas contas!) unhas ilustracións nas que Mariona Cabassa, coidando ela tamén, coida cada detalle, o resultado é unha historia fermosamente ilustrada, cun texto divertido, rimado e, sobre todo, ideal para ser contado.
Texto de Pep Bruno
Ilustracións de Mariona Cabassa
Tradución do castelán de Marisa Núñez
]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 27 Apr 2026 16:54:44 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>