<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/gaspar%2C-o-pastor-de-lebres]]></link>
<description><![CDATA[
Gaspar, un labrego humilde e atrevido, quere conquistar unha princesa moi rabuda. Farta de que seu pai a queira casar, e de ter que aturar a lingoreteiros e interesados, a princesa ponlles unha condición aos seus pretendentes: guiar as súas cincuenta lebres deica o bosque e traelas de volta ao cabo de tres días.
No seu camiño, Gaspar axuda unha velliña, e a súa acción é recompensada cun obxecto máxico, de grande utilidade para pastorear lebres. Pero Gaspar non é un pretendente do gusto da familia real, e aínda terá que superar unha proba máis, antes de obter a súa aprobación.
Á marxe das críticas implícitas ao comportamento dos nobres, e do interese literario do propio relato, neste conto resulta especialmente atractiva a figura do narrador: este personaxe, que forma parte da historia, nun momento determinado, deixa atrás o escenario imaxinario e, montado nunha bala de canón, ao xeito dun cronista, prosegue coa narración da historia en tempo real.
Esta divertido conto, inzado de momentos grotescos e de situacións cómicas, representa unha das xoias da tradición oral danesa. E en Noruega aínda hoxe, perdura unha versión similar, na que as lebres son propiedade do rei.
Polo que respecta ás ilustracións de Lucie Müllerová, a autora recrea divertidos personaxes, verosímiles e cunha psicoloxía convincente. Digno de nota, resulta o coidado co que a ilustradora trata de reflectir o xesto e os estados de ánimo de cada un deles, o que multiplica o poder suxestivo e emocional das imaxes.
Texto de Paco Liván, dun conto popular danés
Ilustracións de Lucie Müllerová
]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 22 Apr 2026 09:36:15 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>