<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: OBABAOAK]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/obabaoak]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Para escribir un conto en só cinco minutos cómpre que consiga -ademais da tradicional pluma e do papel branco, naturalmente- un diminuto reloxo de area, o cal lle dará cumprida información tanto do paso do tempo como da vaidade e inutilidade das cousas desta vida; do concreto esforzo, xa que logo, que nese intre está vostede realizando. Non se lle ocorra poñerse diante dunha desas monótonas e monocores paredes modernas, de ningunha maneira; que súa ollada se perda nesa paisaxe aberta que se espalla alén da súa ventá... "Obabakoak" transporta o lector ao territorio atemporal e infantil dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario irrompe no cotiá. Obaba non existe, non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero o lector axiña atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra que se estructura en tres apartados: “Infancias”, “Nove palabras en honra da vila de Villamediana” e “Á busca da derradeira palabra”. ]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 11 Apr 2026 22:34:30 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
