<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: TARXETA VERMELLA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/tarxeta-vermella]]></link>
<description><![CDATA[?Moitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pelota deu no largueiro, coouse polo fondo, desviouse no aire. Non sei canto tempo hai que empezou o partido. Posiblemente horas. Se cadra días. Non o sei, non lembro o comenzo?? Así comeza ?Tarxeta vermella?, o texto que dá título a este libro de relatos, onde o autor subverte a visión épica do fútbol a través dun monólogo de quen está a xogar un partido sen conciencia de si mesmo e que o vive como unha eterna condena. Ao xeito dun novo ?Inferno? semellante ao de ?!A Divina Comedia? de Dante Alighieri, este relato inquedante transmite unha crecente sensación de angustia e opresión, unha atmosfera na que paira o medo, o castigo, a violencia e a irracionalidade.  Froito dun traballo de destilación de quince anos, esta colectánea de dezasete contos de Xosé Miranda, maiormente de carácter fantástico e con indubidable arrecendo onírico e memorialístico, constitúen unha homenaxe ás mitoloxías literarias dun dos autores máis lidos e valorados da narrativa galega  da última década.]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 21 Apr 2026 16:07:57 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
