<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ENMIGRACION E ACCION EDUCATIVA EN GALICIA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/enmigracion-e-accion-educativa-en-galicia]]></link>
<description><![CDATA[<span><a id=indice name=indice>O tema da inmigración converteuse nos últimos tempos nun dos eixes sobre os que xira boa parte do discurso social, ata o punto de ser recoñecido como hiperxénero. Trátase dunha cuestión complexa, con grande calado ético, cognitivo e afectivo, e dunha considerable heteroxeneidade polos referentes comunicativos que implica, tanto no plano político-económico como, de xeito particularmente crítico, na órbita cultural.</font></a></span> <p><font size=2>O presente volume, preparado polos profesores Miguel Anxo Santos Rego e María do Mar Lorenzo Moledo, é pioneiro no escrutinio socioeducativo do fenómeno da inmigración en Galicia, un país aínda de emigrantes, e pretende coñecer e dispor o que sexa necesario para que a inmigración que chega teña na escola, e no sistema educativo en xeral, o lugar que lle corresponde en xustiza. Un libro, froito dunha investigación ampla e rigorosa, que ten como obxecto facer unha aproximación ordenada a un vínculo, o que se dá entre inmigración e educación en Galicia, de grande potencia para un futuro de convivencia e progreso compartidos na perspectiva dunha Europa interesada por alcanzar unha cidadanía intercultural.</font>]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 23 Oct 2026 16:14:01 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
