<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ANTOLOXIA DA LIRICA GALEGO-PORTUGUESA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/antoloxia-da-lirica-galego-portuguesa]]></link>
<description><![CDATA[Esta <em>Antoloxía da lírica galego-portuguesa </em>é unha obra monumental. A través dela, os lectores e lectoras galegos teñen acceso, por primeira vez desde unha edición galega, a un corpus tan amplo como xeneroso da nosa lírica medieval. Da man do especialista en estudios literarios medievais Xosé Bieito Arias Freixedo ofrécese por fin a oportunidade de acceder ao máis salientable do cancioneiro profano -cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir-. Poemas de <strong>Martin Codax, Airas Nunes, Don Dinis, Meendinho ou Pero Meogo</strong>, por só citar algúns entre unha amplísima nómina de autores e de textos seleccionados, dispostos nunha edición que conta cun amplo e accesible estudio introductorio e que analiza e nos guía, con erudición e sinxeleza, por este tesouro literario que é a nosa lírica medieval.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 23 Oct 2026 15:36:49 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
