<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/as-cidades-mergulladas-%28poesia-reunida-1973-2002%29]]></link>
<description><![CDATA[Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002).
Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño -por ser estraño, ata non é profesor de Literatura, senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos-. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde 1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o Miranda que ama especialmente o verso libre, “música composta sobre os pés esenciais dos máis]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 16 Apr 2026 13:51:41 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>