<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O CARPIN SUICIDA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-carpin-suicida]]></link>
<description><![CDATA[Augusto, un vello carpín que leva unha vida tranquila nun dos pés do carteiro Plinio, guíndase á rúa dende un cuarto piso para ver o mundo. E malia que toma esa decisión de converterse nun carpín suicida, cando lle saíu o primeiro burato na punta e logo de reflexionar fondamente, non sabe, en realidade, que a aventura de sobrevivir resulta difícil e perigosa. Mais é un carpín con sorte, e no camiño aprenderá, e descubrirá as cousas boas que a vida pode ofrecer. <strong>Mariasun Landa</strong>, recente <strong>premio Nacional de Literatura Infantil 2003</strong>, ofrece neste volume unha historia protagonizada por personaxes fantásticos que se desenvolven nun marco realista. O vello carpín, un trapo anodino, case invisible de tan cotiá, representa un personaxe inconformista, que elixe o risco antes cá seguridade. As reflexións deste carpín, a súa forma de entender a vida, os valores que vehicula, o seu carácter solitario, idealista, romántico, pero arriscado e tenaz, permite a descuberta do mundo dende abaixo arriba. As ilustracións de Federico Delicado que humanizan ao vello carpín interpretan o valor simbólico desta traxedia non exenta de esperanza.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 28 Sep 2026 12:12:16 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
