<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CAMPOS DE CUBA (GALLEGO)]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/campos-de-cuba-%28gallego%29]]></link>
<description><![CDATA[Tras "Cita na Habana", o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece "Campos de Cuba", álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destino&#8230; cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito.Campos de Cuba é, pois, a segunda entrega da serie que Fran Jaraba iniciara en 2000 con Cita na Habana. Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega. &#65279;]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 02 Jun 2026 08:41:15 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
