<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: PAXINAS SOBRE ROSALIA DE CASTRO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/paxinas-sobre-rosalia-de-castro]]></link>
<description><![CDATA[<span>A vida e a obra de Rosalía de Castro están presentes, desde hai case medio século, nos traballos e nos días de Xesús Alonso Montero: no profesor, no conferenciante, no investigador, no comentarista, no divulgador, no editor de textos, no antólogo&#8230; Na presente colectánea hai páxinas que ilustran moi ben este compromiso intelectual, compromiso que, ás veces, ten un certo matiz de militancia.</font></span> <p>"Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004)" é un corpus de traballos que se centran na recepción do nome e da obra de Rosalía desde 1875 (Lamas Carvajal) a hoxe mesmo. Protagonizan os catorce capitulos do volume, editores, apoloxistas, tradutores&#8230; pero tamén os silencios e as reticencias que tales ou cales textos de Rosalía teñen suscitado, especialmente nun ano bélico, o 1937, centenario da escritora. É un longo e variado corpus de xuízos, enfoques e actitudes: Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán, Valera, Curros, José Martí, Azorín, Juan Ramón, Luis Cernuda, Griswold Morley, A.M. Morris, Dantín Cereceda, Celestino Fernández de la Vega, Novoneyra, Rafael Lapesa&#8230;, a colectánea tamén acolle pronunciamentos críticos do propio Alonso Montero sobre aspectos tan importantes como "a demisión (literaria) de Rosalía en 1881" ou o seu punto de vista sobre o opresor foráneo nalgúns poemas da escritora. A colectánea é rica en textos inéditos, cartas sobre todo, que ilustran algúns dos capítulos (Dámaso Alonso, Rof Carballo&#8230;). Capítulos hai que conteñen en apéndice textos sobre Rosalía case descoñecidos.</font>]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 21 Oct 2026 03:14:55 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
