<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A BIBLIOTECA DA IGUANA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-biblioteca-da-iguana]]></link>
<description><![CDATA[Este primeiro libro de contos de <strong>Xosé Miranda</strong>, agora reeditado, revisado e actualizado polo autor, recolle oito pezas de impecable construción e gran forza argumental que van engaiolando ao lector a cada paso. Un libro plural, aberto, no que os relatos parten do cotián para adentrarnos nas perplexidades da vida que sempre acaban por marcar o desenlace. Oito fermosos relatos inquedantes, asombrosos, premonitorios, desacougantes para o lector, pero tamén, sen dúbida ningunha, frescos, divertidos, irónicos, escritos nunha lingua áxil e capaz, que mestura con habilidade o real e o fantástico para recrear, desde unha poderosa imaxinación, o onírico, o asombroso, o misterioso. A biblioteca da iguana navega sobre o tema da identidade, especulando, anticipando, creando incomodidade, fatalidade, coma se fose un cruel anecdotario do asombroso, suxerindo unha lectura orixinal e gozosa para os lectores.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 04 May 2026 09:06:13 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
