<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A FLOR DA AUGA: HISTORIAS DE ENCANTOS MOUROS SERPES E CIDADES MERGULLADAS]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-flor-da-auga%3A-historias-de-encantos-mouros-serpes-e-cidades-mergulladas]]></link>
<description><![CDATA[Este libro, segundo da colección “Lendas de Galicia”, preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar.<br>A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobre vid de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real…, e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.<br>]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 01 Jul 2026 17:22:31 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
