<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: MANUEL LUGRIS FREIRE: VIDA E OBRA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/manuel-lugris-freire%3A-vida-e-obra]]></link>
<description><![CDATA[Manuel Lugrís Freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu.<br>Os primeiros capítulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de Lugrís e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografía marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade.<br>Ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do Rexurdimento; as claves do seu pensamento político; unha análise da súa produción creativa e, finalmente, un capítulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega.<br>Unha cronoloxía e unha boa bibliografía poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografía elaborada polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás.<br>]]></description>
<lastBuildDate>Tue, 07 Jul 2026 23:23:01 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
