<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: UNIVERSIDADE E CONSTRUCION DA SOCIEDADE CIVIL]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/universidade-e-construcion-da-sociedade-civil]]></link>
<description><![CDATA[No mundo actual as universidade convertéronse en institucións prestas a colaborar no espertar da conciencia social activa por parte do alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Isto supón un enorme potencial en canto á disposición de recursos humanos cun grao de preparación alto para deseñar e levar adiante unha ampla gama de proxectos, dentro e fóra dos campus, e mesmo dos países. Neste sentido, a estrutura universitaria pode facilitar a canalización de ideas e iniciativas, permi-tindo a transferencia de coñecementos que recomenda a mellora continuada da sociedade civil a estas alturas da historia. Universidade e construción da sociedade civil, obra preparada por <strong>Miguel Anxo Santos Rego</strong> e <strong>Mar Lorenzo Moledo</strong>, catedrático e profesora, respectivamente, da <strong>Facultade de Ciencias</strong> da Educación da Universidade de Santiago, dá conta da relación entre voluntariado, aprendizaxe cívica e competencias transversais nas universidades de Galicia, trazando perspectivas de mellora acordes co desenvolvemento do país e da necesaria proxección dos seus recursos humanos nunha conxuntura de internacionalización. O volume está presentado por Anxo Quintana González, vicepresidente da Xunta de Galicia, institución que apoiou a súa edición dende a Secretaría Xeral da Xuventude e Solidariedade.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 23 Oct 2026 15:37:04 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
