<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONVERSAS CON DARIO XOHAN CABANA]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/conversas-con-dario-xohan-cabana]]></link>
<description><![CDATA[Pertence Darío Xohán Cabana á “<em>Grande Xeración</em>” de<strong> Manuel María</strong> e <strong>Méndez Ferrín</strong>, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, <strong>J.Luis Calvo</strong> e <strong>Yago Rodríguez Yáñez</strong> recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. “<em>Vida e Literatura”, “Poesía”, “Narrativa” e “Traducion”</em> son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha “Cronoloxía” e “Bibliografía”, ademais dun apartado “Fotobiográfico” completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 06 May 2026 17:01:00 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
