<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O REINO EN PERIGO]]></title>
<link><![CDATA[https://api.biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-reino-en-perigo]]></link>
<description><![CDATA[Henry visita o Reino dos Elfos por terceira vez, pero alí todo é diferente. Holly Blues está á fronte do Reino e parece que Lord Hairstreak quere propoñerlle unha tregua entre os elfos da noite e os elfos da luz; porén, corren rumores dunha invasión dos demos encabezada por Beleth, o Príncipe das Tebras. Mentres, o príncipe Pyrgus descubre unhas flores de cristal máxicas que inflúen no transcurso do tempo, unha arma secreta aparentemente formidable. A raíña Blue, que desconfía da rara xenerosidade do seu tío Lord Hairstreak, visita o labirinto do Mestre Especieiro para tratar de adiviñar o posible futuro do Reino. Blues, Pyrgus e Henry atoparanse inmersos nunha aventura apaixonante na que deberán loitar con todas as armas que teñen a man para protexer o Reino e garantir que o trono continúe en mans da súa lexítima raíña. O Reino en perigo é a terceira parte da serie iniciada con O portal dos elfos e seguida por O emperador púrpura, novelas fantásticas publicadas na colección Fóra de Xogo. Herbie Brennan combina maxistralmente fantasía, mitoloxía e ciencia para ofrecer un universo de aventuras trepidantes.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 09 Nov 2026 20:48:00 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
